Descripción
Trátase dunha pandeira bastante grande, de 41 cm de diámetro, co marco pouco alto e sen anel de reforzo. Leva nove pares de cernellas, bastante grandes e rizadas, distribuídas de xeito uniforme arredor do marco. O orixinal foi achado por Xermán Muíños na Casa do Marelo de Piornedo, un instrumento notable polo seu profundo son.
Podedes escoitar este e outros modelos de pandeiras galegas que temos replicado no seguinte vídeo:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.