Descripción
Esta pandeira é bastante grande, ten un marco de 46 cm de diámetro e bastante alto, fornecido cun anel de reforzo. Nel van inseridos oito pares de cernellas de tamaño medio rizadas a man. Conservouse na casa do Sesto en Piornedo dos Ancares e foi documentada polo noso amigo Xermán Muíños, quen nola trouxo para facer unha réplica e conservar o seu fermoso e profundo son.
Podedes escoitar este e outros modelos de pandeiras galegas que temos replicado no seguinte vídeo:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.