Descripción
Para solucionar o problema da variación da tensión dos parches das pandeiretas en contornas demasiados secas ou húmidas, temos desenvolvido e patentado unha pandeireta na que a tensión do parche se pode modificar. Neste novo modelo é posible tensar e destensar a pel simplemente xirando as ferreñas que, á súa vez, son perfectamente móbiles, é dicir, non cómpre empregar ningún tipo de chave para modificar a tensión da pel, o que é unha notable vantaxe respecto aos anteriores sistemas nos que este proceso se realizaba empregando unha chave Allen.
Fabricamos esta pandeireta coas mesmas ferreñas e distribución que o modelo de Guillade. Facémola en madeira de ciprés, como o noso modelo lixeiro, para que o peso do sistema de afinación non se note respecto ao dunha pandeireta normal, resultando un instrumento que ten exactamente o mesmo peso que unha pandeireta normal.
Neste vídeo explicamos máis polo miúdo este novo instrumento.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.