Descripción
Antigamente as ferreñas situábanse no marco das pandeiretas enfiándoas nuns arames que o atravesaban de xeito perpendicular, de xeito que estes arames quedaban situados por fóra do marco e non dentro del como na técnica que tódolos artesáns empregamos actualmente.
Unha das nosas teimas respecto ás pandereitas é a recuperación da grande variabilidade de sons que existiron antes da estandarización que sufriron nos anos 60 e 70 do século pasado. O distinto son das diferentes pandeiretas que temos achado durante o noso traballo de campo é froito, principalmente, do dobrado das ferreñas, un dobrado que antigamente se facía a man, pois eran os peneireiros os que fabricaban estes instrumentos e non o facían de xeito industrial, senón de forma local e limitada. Tamén inflúe no son o material con que se fabrican as ferreñas e, curiosamente, o colocar as ferreñas coa arames por fora ten bastante influencia no seu son. Ademais, este sistema permite empregar para construir o marco madeiras moito máis finas, co que os instrumentos resultan máis lixeiros.
Estas pandeiretas teñen un prezo básico de 115 euros. Tamén che ofrecemos a posibilidade de facer os furados que conteñen as ferreñas a man con forma cadrada, como se facían antigamente. Esta técnica incrementa o prezo da pandeireta en 15 euros.
Neste vídeo podes escoitar o son dos diferentes modelos de pandeiretas que fabricamos.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.