Descripción
Unha das nosas teimas respecto ás pandereitas é a recuperación da grande variabilidade de sons que existiron antes da estandarización que sufriron nos anos 60 e 70 do século pasado. O distinto son das diferentes pandeiretas que temos achado durante o noso traballo de campo é froito, principalmente, do dobrado das ferreñas, un dobrado que antigamente se facía a man, pois eran os peneireiros os que fabricaban estes instrumentos e non o facían de xeito industrial, senon de forma local e limitada. Tamén o material con que se fabrican as ferreñas ten bastante importancia na obtención de sons diferentes.
O modelo de Buciños está fornecido cunhas ferreñas sen rizar, sen dobrar e temperadas, o que lle confire un son moi doce e particular. Pódela ter con distribución pareada ou coas ferreñas arredor de todo o marco. Tamén che ofrecemos a posibilidade de colocar as ferreñas no marco cos arames por fóra, o xeito máis tradicional de colocar as ferreñas, unha técnica esquecida que tamén recuperamos pois inflúe delicadamente no son e, sobre todo, no peso do instrumento, xa que permite empregar madeiras moito máis finas (esta técnica incrementa o prezo da pandeireta en 5 euros).
Neste vídeo podes escoitar o son de moi diferentes tipos de ferreñas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.