Descripción
Esta pandeireta é unha réplica do instrumento do cego de Guillade (Ponteareas, Pontevedra) achada por Luís Prego. Ten dez pares de ferreñas pouco rizadas, feitas a man, montadas de xeito pareado nun marco con dous aneis de reforzo. Este marco ten furado, ou sexa, era unha pandeireta para empuñar coa man esquerda, unha técnica que outrora foi común en Galiza, pero que agora se acha bastante esquecida.
Serviunos para desenvolver un modelo con rebaixe no marco para empuñar coa man dereita e ser tocada ao xeito máis habitual, un modelo que agora comeza a facerse frecuente entre a oferta doutros artesáns polo estupendo son que produce este tipo de ferreñas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.