Descripción
Pandeiretas de oito, nove ou dez pares de ferreñas sen rizar, dobradas a man e temperadas. O proceso de temperado consiste no queimado da follalata e o seu tratamento con un aceite especial. O son das ferreñas temperadas é algo máis apagado que o mesmo modelo sen temperar.
Este modelo de dobrado das ferreñas foi especialmente desenvolto por nós a partir de ferreñas tradicionais dobradas a man para dotalas dunha maior resistencia ao uso, de aí que cada ferreña teña catro pequenas dobreces cara arriba no borde.
O acabado da madeira pode ser tinguido ou natural como podedes ver nas fotografías. O prezo destas pandeiretas é de 115€, se fosen en madeira de ciprés, moito máis lixeiras, 135€. Podes escoitar o son dos diferentes modelos de ferreñas e pandeiretas que fabricamos neste vídeo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.