Descripción
Esta é unha copia da pandeireta de Josefa Da Silva, tocadora de Rodís (Cerceda). Trátase dun instrumento de nove pares de ferreñas rizadas, dun tamaño algo menor que o estándar e que nos trouxo a nosa amiga Fransy González para facer unha réplica e poder tocar cun son orixinal. Como podedes ver é unha pandeireta con furado no marco, polo tanto foi, en orixe, empuñada coa man esquerda, unha técnica hoxe practicamente esquecida. Ten as ferreñas dispostas ao xeito antigo, con arames que atravesan o marco. Ten, ademais, os furados onde se aloxan as ferreñas con forma cadrada, ou sexa, feitos a man.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.