Descripción
Este pandeiro estaba na casa de Antonio, na aldea de Cádavo no concello da Mezquita; pertencía á súa avoa Carmen que morreu no 1913. É un instrumento mediano, de 31 cm de lado, e co marco bastante ancho (7 cm). Leva no seu interior 11 bordóns de fío de liño que, xunto cunha campaíña, lle confiren un son moi característico. Excepto polo seu maior tamaño, é idéntico ao pandeiro de Tameirón (A Gudiña). Pola súa construción, os pandeiros desta zona de Galicia lembran aos adufes da Beira Baixa portuguesa.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.