Descripción
Esta nova gaita de fol galega é outro froito da nosa teima por ir convertendo instrumentos musicais que se empregaban antigamente en novas opcións adaptadas á música actual. Trátase neste caso dunha gaita de fol con punteiro cilíndrico de lingüeta dobre, baseado nas pipas galegas de castiñeiro ou sabugueiro que fabricaban os nenos, pero tamén semellante ás musetes barrocas. Pode levar entre un e catro bordóns, todos tamén de lingüeta dobre. Está afinada en Re maior ou menor, con subtónica ou sensible. Non ten posibilidade de cromatismos con dixitación de forquita. O prezo dámolo con catro bordóns, pero pódese fabricar con menos.
Aquí tedes un vídeo onde explicamos tódalas posibles combinacións de bordóns deste novo instrumento.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.