Descripción
Hai un tempo desenvolvemos un novo modelo de gaita, de punteiro cilíndrico e palleta dobre, que chamamos pipa galega. Fornecémola con catro bordóns e afinámola en Re, ben en escala maior ou modos de Sol ou Re. Agora presentámosvos un modelo mini desta nova gaita de fol, cun só bordón afinado na tónica (Re), máis pequena e máis manexable, ideal para acompañar instrumentos con pouco volume sonoro como zanfonas ou outros instrumentos de corda. Quixemos porlle o nome do noso grande amigo António Freire, pois foi el quen nos empurrou a fabricala.
Podes escoitala neste vídeo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.