• Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Shopping Cart Shopping Cart
    0Shopping Cart
Pablo Carpintero
  • Instrumentos musicais
    • Gaitas de fol
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Asturianas
        • Eo-Naviegas
        • Galegas
        • Portuguesas
        • Xabresas e Alistanas
        • Mallorquinas
        • Aragonesas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas.
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
      • Complementos
    • Outros instrumentos
      • Instrumentos medievais
      • Palletas e pallóns
      • Tambores e bombos
      • Frautas, pínfanos e requintas
      • Traversos barrocos
      • Pandeiretas
      • Pandeiras
      • Pandeiros
      • Tambores femininos
      • Ferreñas
      • Máis instrumentos
    • Restauración
      • Restauramos calquera instrumento musical tradicional e empalletamos a túa gaita de fol antiga para recuperar o seu son orixinal.
    • Museo
      • Estes son os instrumentos musicais que compoñen a nosa colección, podes encomendar unha réplica de calquera deles.
  • Charlas-concerto
  • Obradoiros
  • Publicacións
    • Os instrumentos musicais na tradición galega
    • Bibliografía
    • Discografía
    • Micromecenazgo
  • Exposicións
  • Grupos
  • Quen somos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu
Tienda

Categorías

  • Grupos
  • Discografía
  • Sin categorizar
  • Instrumentos musicales
    • Gaitas de fol
      • Complementos
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
    • Palletas e pallóns
    • Frautas, pínfanos e requintas
    • Instrumentos Medievais
    • Pandeiras
    • Pandeiretas
    • Pandeiros
    • Tambores e bombos
    • Tambores femininos
    • Traversoso barrocos
    • Ferreñas
    • Outros instrumentos

Punteiro Basilio Carril nº2 (punteiro estándar galego)

480,00 €

Categorías: Gaitas de fol, Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas, Instrumentos musicales
  • Descripción
  • Valoracións (0)

Descripción

Ao longo da súa vida Basilio Carril, como gran gaiteiro e artesán que era, buscou incesantemente un modelo de punteiro que satisfixera as súas necesidades como gaiteiro. Basilio era natural de A Cela (San Miguel de Vilantime, Arzúa) onde naceu no 1914, fillo de Ramón Carril, tamén gaiteiro e artesán. No 1919 veuse para Santiago onde desenvolveu unha carreira brillante como artesán e gaiteiro. Foi sen dúbida o mellor artesán da súa época e tamén un dos mellores gaiteiros de Galiza en compaña do seu inseparable Juan Bello Mallou. 

Basilio Carril desenvolveu punteiros temperados e cromáticos en moitas tonalidades, de feito foi o primeiro artesán en conseguir este logro. Fabricou pequenos punteiros en Fa e Mi agudos, en Re, Do#, Sib e La.  Entre os anos 50 e 70 Basilio fabricou moitos punteiros de Do diferentes, foi dende logo o modelo sobre o que máis traballou, sen dúbida na procura dunha escala perfectamente temperada e cromática que lle permitise aos gaiteiros interpretar todo tipo de melodías a dúo, mais tamén achamos que buscaba unhas características tímbricas e de volume sonoro que a el lle semellaban superiores aos punteiros que seu pai fabricaba, ou aos que había dispoñibles nesta época. Así, temos documentados máis de cinco modelos de punteiros en Do cromático e temperado fabricados por Basilio Carril en épocas sucesivas, totalmente diferentes, sen dúbida froito desta procura e investigación, o que demostra o grande traballo que Basilio fixo pola nosa gaita moderna, da que é pai indiscutible. Este artesán foi variando tamén o tipo de palleta que empregaba nestes punteiros, dende a cadrada tradicional de Compostela, ata unha triangular e longa, máis semellante á dun óboe, que lle desenvolveu o clarinetista da banda de Santiago Olimpio Carril (que non era familiar de Basilio), palleta que despois foi imitada por outros palleteiros como Herme ou Rubén durante o rexurdimento que a nosa gaita sufriu nos anos 70.

 

 

 

 

A finais dos anos sesenta, Basilio xa desenvolvera un punteiro en Do temperado e cromático moi semellante ao definitivo e que podedes ver premendo aquí, pero o seu modelo definitivo chegaría un pouco despois.

Basilio Carril foi un gaiteiro e un artesán de tal sona que nos anos 60 e 70 era o principal feitor de gaitas de Galiza. Do seu pequeno obradoiro da rúa de San Pedro saían gaitas para toda Galiza, para os reximentos do exército e para tódolos centros galegos. Tal foi o seu volume de traballo que acabou por ter que contratar a outros artesáns galegos para fabricar as súas gaitas e atender a enorme demanda que tiña; deste xeito, os talleres do Marreco e sobre todo o de Riobó, fabricaron pezas para as súas gaitas e mesmo José Seivane, que nalquel momento comezaba a fabricar gaitas, construíu punteiros para Basilio.

Foi nesta época, entre finais dos anos sesenta e a súa morte en 1974, cando Basilio desenvolveu o modelo de punteiro en Do temperado e cromático que, tras a súa morte, seguiron fabricando e modificando os dous artesáns que lle sucederon como principais feitores de gaitas en Galicia, Antón Corral e Xosé Seivane, e que máis tarde moitos outros artesáns posteriores, principalmente formados na escola de Antón Corral, seguiron fabricando e modificando á súa vez. É o punteiro de 312 mm de longo, 4.2 mm de gorxa e 19-20 mm de saída, cromático e temperado, que foi despois lixeiramente modificado por cada un dos artesáns que o fabricou compoñendo así unha familia de punteiros extremadamente homoxénea, que empregan palletas longas e triangulares ou lixeiramente cadradas (coma na escola de Corral). É un punteiro de tocar estable e fácil, de son doce, mais cunha notable pobreza de harmónicos nas notas superiores e escaso volume comparado cos punteiros antigos, o que por veces non deixa de ser unha vantaxe.

Déixovos aquí a fotografía de tres punteiros en Do de Basilio: o primeiro pola dereita é un temperado e cromático dos anos 60; ao seu carón está outro coas mesmas características pero que funciona con palletas grandes e cadradas, era o seu modelo dos anos 50 e, por fin, o terceiro é o punteiro en Do definitivo de Basilio, feito xa nos anos 70. Fixádevos na homoxeneidade na distribución dos furados, na súa busca Basilio foi modificando todo o punteiro pero mantivo ao longo do tempo a disposición e diámetro dos furados.

 

 

 

 

Basilio foi, pois, o pai da nosa gaita de fol moderna, cumprindo así un dos axiomas do mundo dos artesáns de gaitas: só os bos gaiteiros construíron grandes gaitas.

Posto que Basilio desenvolveu este punteiro para dixitar en aberto, é un modelo complexo de por a tocar en dixitación pechada, onde perde aínda máis calidades sonoras e estabilidade.

 

 

 

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Punteiro Basilio Carril nº2 (punteiro estándar galego)” Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

  • Gaita de barquín de Manuel Pousa (Estás, Tomiño, Pontevedra)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de Agapito Pombo

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita redonda de Manuel Villanueva

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de ronquillo de Xan de Campañó (século XV)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

prueba

Obradoiro Nº 812

© Copyright - Pablo Carpintero
  • Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Contactar
  • Política de privacidad
Link to: Punteiro Basilio Carril nº1 Link to: Punteiro Basilio Carril nº1 Punteiro Basilio Carril nº1 Link to: Punteiro en Do para dixitación aberta e pechada Link to: Punteiro en Do para dixitación aberta e pechada Punteiro en Do para dixitación aberta e pechada
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
gl_ESGalego
gl_ESGalego es_ESEspañol
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.