Descripción
Meu avó, José Luis Arias, tocara de mozo nunha gaita de ronquillo da zona de Pontevedra. O punteiro desta gaita, de furados moi grandes, tiña a tónica moi preto de Do, por canto aproveitámolo para desenvolver o noso punteiro de Do cromático e temperado. É un punteiro moi longo e de amplo cono interno, as súa paredes son moi finas, ten os furados moi grandes e traballa cunha palleta moderna en Sib. Ten un volume moi superior aos punteiros de Do estándar modernos derivados do punteiro desenvolvido por Basilio Carril nos anos 70. Debido ao gran tamaño dos seus furados, é un punteiro que pode tocar en calquera dixitación, aberta ou pechada (de calquera tipo), sen variar practicamente a súa afinación; non requintea ben máis aló do segundo grao agudo pero é moi lixeiro na emisión das notas. Non é un punteiro tan fácil de tocar como os estándar e precisa dunha certa aprendizaxe para poder gozar de todas as súas posibilidades.
Neste pasodobre podedes ver como o cambio de dixitación non afecta ao son nin á afinación
Aquí o tedes tocando a muiñeira de Chantada con dixitación pechada de Portela ou do centro de Galiza.
O mesmo punteiro pero tocando coa dixitación de Villanueva.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.