Descripción
Estos punteiros foron desenvolvidos en base ao punteiro dunha excelente gaita de fol xabresa en Do propiedade do noso amigo Edelio González e depositada na Fundación Joaquín Díaz de Urueña, da que che ofrecemos tamén unha réplica que podes ver aquí . Conservando o seu mesmo cono interno e o mesmo tipo de palletas antigas xabresas, ou sexa, fabricadas só coa parte branda da cana, e mudando lixeiramente a lonxitude do seu cono e a colocación e os diámetros dos seus furados, conseguimos conservar o seu característico timbre e dotalo dunha escala en Re ou en Do en modo xabrés, ou sexa, en modo menor. Igual que a orixinal, ten un son potente e limpo, é un punteiro de tocar lixeiro.
Aquí tes o modelo de Do en mans do noso querido amigo Alberto Jambrina
Reseñas
Aínda non hai valoracións.