Descripción
Esta é a reprodución da gaita de fol que pertenceu ao gaiteiro Francisco António dos Santos (1904-1972 Grijó de Parada, Bragança), alcumado “O Major” de Grijó de Parada. Trátase dun fermoso exemplar de gaita de fol brigantina conservado celosamente pola súa familia. Por ventura gardaron tamén a palleta orixinal, replicándoa puidemos recuperar o son orixinal deste instrumento que ten unha sonoridade potente e áxil. O punteiro está moi ben afinado no que xa temos definido como “modo Portugués”, un tipo de modo que non consta no sistema teórico medieval. Posúe subtónica inferior, terceiro grao perfectamente neutro (a 350 cents da tónica inferior) e o sétimo grao sensible, pero convertible nunha subtónica empregando unha dixitación de forquita.


O sistema de datación polos desgastes indícanos que esta gaita de fol foi empregada uns 80 anos, polo tanto foi tocada por dous gaiteiros e a súa data de fabricación roldaría a década de 1890.
Neste vídeo podedes ver e escoitar este instrumento tocando algunhas pezas do repertorio do gaiteiro brigantino Eduardo Francisco Viga (Deilão, Bragança) que puidemos gravar nos anos 2000.











Reseñas
Aínda non hai valoracións.