Descripción
Fabricamos réplicas de tambores tradicionais asturianos baseados nos modelos de Antonio Valdés de Mieres, ou nos conservados no Museo da Gaita de Xixón, como o que podedes ver na fotografía.
Facémolos en madeira de piñeiro pintada coas cores tradicionais asturianas: azul e vermello. Tamén os facemos en madeira de nogueira rematada con aceite de liñaza, mantendo así a cor natural desta fermosa madeira. Estes tambores teñen sempre catro bordóns de tripa na pel inferior.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.