Descripción
Fabricamos os nosos tambores seguindo modelos antigos, con bordóns na pel inferior, na superior ou en ambas. Empregamos madeiras de arce, nogueira ou piñeiro do país, que pode ser tinguido ou con acabado natural. Tódalas madeiras remátanse con varias capas de aceite de liñaza, pois non empregamos bernizes sintéticos.
O noso modelo estándar de tambor ten 31 cm de diámetro, pero fabricámolos tamén de 28 e 38 cm; o diámetro non afecta ao prezo. Se queres un diámetro diferente ao estándar de 31 cm, ponte en contacto con nós.
Os prezos dos tambores dependen fundamentalmente da madeira empregada e do número de bordóns. Tamén se pode escoller entre ferros para tensar os bordóns labrados ou lisos, como podes ver nas fotografías. Os prezos que damos non inclúen nin a correa para colgalo do ombreiro, nin as baquetas. Se queres un tambor con control de harmónicos mediante un innovador sistema que temos deseñado, pódelo mercar aquí.
As baquetas suminístranse á parte, podes mercalas aquí.














Reseñas
Aínda non hai valoracións.