Descripción
Fabricamos réplicas de moitos tipos de vestidos tradicionais que fomos documentando ao longo do noso traballo de campo. Moitos deles pódelos ver na sección de réplicas de gaitas de fol antigas. Algúns dos máis cómodos que temos achado son os dalgunhas gaitas de catro voces de Sobrado dos Monxes, os propios da Estremadura portuguesa, o que documentamos na gaita de Juan Prieto Chimeno ou un modelo que atopamos na Terra Cha.
En total temos dispoñibles máis de quince patróns diferentes que pomos ao teu dispor. Se queres un vestido cómodo e diferente dos estándar, que tamén fabricamos, animámoste a que te achegues polo noso obradoiro-museo e probes algunhas destas estupendas opcións.
Os nosos vestidos están confeccionados con telas orixinais de moi alta calidade, das mellores casas europeas, que podes ver e escoller no noso obradoiro. Fabricámolos de tres xeitos diferentes: sen reberetar, reberetados cunha fita darredor, como foi tradicional en Pontevedra, ou tamén reberetados cun floco, un xeito común no noroeste de Galiza.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.