O noso museo contén numerosos instrumentos musicais que fomos xuntando dende que no 1993 comezamos a facer traballo de campo. Unha parte son pezas antigas e outra réplicas de instrumentos que nos pareceron interesantes polo seu son ou significación histórica. A nosa colección contén máis de 400 pezas diferentes, é a maior de Galiza con diferenza.
Neste vídeo ofrecémosche unha visita virtual guiada por esta colección, mais, se a queres experimentar en directo, convidámoste a que pases polo noso obradoiro e lle botes unha ollada, sempre será un gusto recibirte e explicarche calquera curiosidade que teñas sobre estes instrumentos musicais.
Tamén che ofrecémosche a posibilidade de solicitar unha réplica de calquera dos instrumentos musicais que contén este museo.