Neste ano 2023 xubílase Joaquín Espiño Martínez (1958), rexente do obradoiro de gaitas e requintas dos García de Riobó, na Estrada (Pontevedra). Este é o obradoiro de instrumentos musicais máis antigo documentado na península Ibérica, con máis de 200 anos de historia. Nel desenvolvéronse as requintas da Ulla e o primeiro punterio afinable no que a mesa e o fuste poden ser afastados por un mecanismo de corredeira.
Quixemos ofrecervos a posibilidade de ter unha das gaitas antigas de este obradoiro, así que reproducimos unha das mellores que temos achado, a do gaiteiro Juan Gaiteiro de Vedra, feita por Joaquín García a principios do século XX. No produto correspondente tedes máis información sobre esta gaita de ronquillo que podedes escoitar neste vídeo.