• Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Shopping Cart Shopping Cart
    0Shopping Cart
Pablo Carpintero
  • Instrumentos musicais
    • Gaitas de fol
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Asturianas
        • Eo-Naviegas
        • Galegas
        • Portuguesas
        • Xabresas e Alistanas
        • Mallorquinas
        • Aragonesas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas.
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
      • Complementos
    • Outros instrumentos
      • Instrumentos medievais
      • Palletas e pallóns
      • Tambores e bombos
      • Frautas, pínfanos e requintas
      • Traversos barrocos
      • Pandeiretas
      • Pandeiras
      • Pandeiros
      • Tambores femininos
      • Ferreñas
      • Máis instrumentos
    • Restauración
      • Restauramos calquera instrumento musical tradicional e empalletamos a túa gaita de fol antiga para recuperar o seu son orixinal.
    • Museo
      • Estes son os instrumentos musicais que compoñen a nosa colección, podes encomendar unha réplica de calquera deles.
  • Charlas-concerto
  • Obradoiros
  • Publicacións
    • Os instrumentos musicais na tradición galega
    • Bibliografía
    • Discografía
    • Micromecenazgo
  • Exposicións
  • Grupos
  • Quen somos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu
Tienda

Categorías

  • Discografía
  • Grupos
  • Sin categorizar
  • Instrumentos musicales
    • Gaitas de fol
    • Palletas e pallóns
    • Frautas, pínfanos e requintas
    • Instrumentos Medievais
    • Pandeiras
    • Pandeiretas
    • Pandeiros
    • Tambores e bombos
    • Tambores femininos
    • Traversoso barrocos
    • Ferreñas
    • Outros instrumentos

Frauta traveseira das Cantigas de Santa María

750,00 €

Categorías: Instrumentos Medievais, Instrumentos musicales
  • Descripción
  • Valoracións (0)

Descripción

Na iluminación da Cantiga 240 do Códice dos Músicos (s. XIII) vemos representadas sendas frautas traveseiras, un dos primeiros exemplos iconográficos deste instrumento. Supoñendo unha representación realista dos instrumentos e tendo en conta a altura media das persoas na idade media (cerca e 1.65 m), reproducimos estas frautas traveseiras. Fabricamos os instrumentos cilíndricos e en dúas pezas como semella apreciarse nas iconografías. O resultado foi unha frauta coa tónica en altura de Si e coa escala en modo de Re. Pódense fabricar noutras alturas sonoras. Madeiras de buxo, arce ou diferentes frutais.

 

Análisis posteriores amosaron con claridade que a súa estrutura é absolutamente semellante a un bansuri, frauta indú xa representada en iconografías de principios da nosa era, ou sexa, máis de mil anos antes que a das Cantigas. Todo na iconografía orixinal e na réplica apunta cara a este extremo: o tamaño e dimensións das frautas representadas na iluminación das Cantigas son idénticos a un bansuri, a súa afinación no 4º grao resultou tamén igual aos bansuris máis comúns: Mi-20 cents na réplica, Mi nas frautas indús. A posición dos dedos dos execuntantes na iconografía é moi semellante á empregada polos tocadores tradicionais de bansuri e mesmo a formación en parellas aparece tamén moi frecuentemente na tradición Indú. Por outra banda, sorprendentemente, temos nas Cantigas representados outros instrumentos musicais que aparecen tamén na tradición musical indú, como os oboes con pirueta da Cantiga 310 ou 330 onde tamén podemos ver unha muller tocando unhas tarrañolas idénticas ao khartal rajastaní, un instrumento que por agora non puidemos documentar na tradición ibérica sostido deste xeito.

 

 

Deste forma, pensamos que a frauta traveseira representada nas Cantigas de Santa María debería ser empregada do mesmo xeito que un bansuri, é dicir, realizando a tónica da escala no 4º grao da primeira oitava, o que permite, como no caso da frauta indú, cambiar facilmente de modo. Se vos fixades, os modos dispoñibles nesta frauta, arrincando dende a tónica no 1º grao, serían: modo de Re en altura de Si, modo de Mi en altura de Do#, modo de Fa en altura de Re# e, por fin, modo de Sol en altura de Mi e modo de La en altura de Fa#, ou sexa catro dos modos máis frecuentes na nosa tradición (Re, Mi, Sol e La). Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades escoitar esta frauta empregada deste xeito.

 

 

Neste vídeo explicámosvos, ademais, como é posible que nas Cantigas de Santa María estea representado un bansuri. Esta idea xurde, á parte de polas súas semellanzas morfolóxicas, dun artigo científico onde Isabel Mendizábal, e outros 22 autores, realizan unha análise do xenoma do pobo romaní, os ciganos do norte da India, para tentar clarificar a súa historia migratoria. Como sabedes, o norte da India é o lugar de orixe do bansuri, onde xa aparece representado en iconografías hai uns 2000 anos, máis de 1200 anos antes que calquera iconografía europea. A análise xenética de Mendizábal e colaboradores podédela consultar no Current Biology 22, 2342-2349 (2012) baixo o título “Reconstructing the population history of european Romani from genoma-wide data“. Os autores descifran a historia migratoria deste pobo, e indican que chegaron á península ibérica hai uns 950 anos, arredor do ano 1050. Por suposto, esta xente, os devanceiros dos nosos ciganos, troxeron a súa música e os seus instrumentos musicais consigo. É curiosa a coincidencia entre a súa data de chegada ao occidente europeo e a teorización de Guido d’Arezzo do sistema modal, unha teorización que os indús xa tiñan feito no século II antes da nosa era no Nathyashastra, un tratado de hai 2200 anos. Se vos informades un pouco sobre o seu sistema de modos (os antigos yatis e os algo posteriores raags) poderedes observar facilmente que o sistema clásico indú contén completamente o sistema modal medieval europeo, á parte de ser o devanceiro dos sistemas norteafricanos. Quizais teñamos que abrir un pouco as nosas miras e intentar comezar a ver a nosa música medieval como o que foi: o resultado dunha amalgama de culturas entre as que destancan a cristiana, a xudea, a árabe e, intuio eu que tamén, e dun xeito moi determinante, a dos ciganos romanís que agora practican o flamenco. Sobre este tema, recoméndovos tamén un fermosísimo documental sobre a música do pobo romaní, que tamén navega polas mesmas augas que Mendizábal e colaboradores: “Latcho Drom” de Tony Gatlif.

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Frauta traveseira das Cantigas de Santa María” Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

  • Punteiro con aneis do Museo de Pontevedra

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita redonda de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Palheta de Monsanto

    180,00 €
    Add to cart Add to cart Engadir ao carriño Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de Antonio Solares “Sebrayu”

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

prueba

Obradoiro Nº 812

© Copyright - Pablo Carpintero
  • Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Contactar
  • Política de privacidad
Link to: Tambor das Cantigas de Santa María Link to: Tambor das Cantigas de Santa María Tambor das Cantigas de Santa María Link to: Salterio Link to: Salterio Salterio
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
gl_ESGalego
gl_ESGalego es_ESEspañol
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.