Descripción
No Museu da Música Portuguesa Casa Verdades Faria en Estoril consérvase unha fermosa gaita mirandesa, tallada e policromada. Entre as tallas incisas do seu punteiro aparece a inscrición “Rodrigo 1948” por canto é moi posible que fose o artesán Rodrigo dos Anjos Fernandes quen fixera este fermoso instrumento. Posúe unha escala propiamente Mirandesa, é dicir, un modo portugués no que o terceiro grao e a sensible quedan bastante baixos, estando o resto da escala moi próxima ás alturas do temperamento igual. A tónica esta preto do Si natural. Trátase dun instrumento de moi bon son, o roncón é potente e o punteiro áxil e de son claro, grazas ao uso de palletas feitas ao estilo mirandés antigo, é dicir, coa parte interior e branda da cana.
Aquí podedes escoitar algunhas melodías tradicionais mirandesas interpretadas cunha réplica deste instrumento: o Pingacho, unha marcha recollida ao gaiteiro Jose João Gonçalves de Palaçoulo e unha muiñeira que o Ernesto Veiga de Oliveira gravou en Vinhais.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.