Descripción
Hai tempo o noso amigo Pedro Lamas tróuxonos a gaita do famoso gaiteiro Tío Pedro da Fariña de Quintán (Cecebre, A Coruña) para que lle fixeramos unha copia. Seguindo coa nosa teima de replicar as gaitas de tódolos bos gaiteiros galegos, accedimos a esta fixemos unha réplica da mesma. O punteiro ten a nosa escala antiga: a tónica está preto do Do # e a escala é un modo de Sol, é dicir, ten subtónica e o sétimo grao rebaixado, e tamén un segundo grao baixo como poderedes escoitar. Coma sempre grandes gaiteiros tocaron con boas gaitas!!!
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.