Descripción
Esta gaita pertenceu ao mítico grupo dos Melos da Barreira de Condeixa a Nova (Coimbra). É unha gaita tipicamente Coimbrá, cun roncón de potente son que acompaña a un punteiro bastante grileiro, coa tónica preto de Do#. A súa escala é un modo portugués que neste caso ten un terceiro grao case menor e unha subtónica algo elevada, achegándose moito a un modo de La, o que hoxe chamamos modo menor. O seu son é algo nasal, mais lixeiro na emisión das notas.
Xunto con esta gaita de fol, e para recuperarmos o son completo do conxunto dos Melos da Barreira, replicamos tamén o seu fermoso tambor. Podedes escoitar ambos instrumentos nas seguintes gravacións de dous temas do seu repertorio: o fado Hilario e un passodobrado.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.