Descripción
Xunto co Planalto Mirandés, na Terra Cha aparecen as gaitas tumbais máis graves de todo o noroeste, algunhas delas teñen a tónica preto do La. Esta gaita é un bo exemplo desta tipoloxía, a orixinal pertence a Pablo Díaz e foi construída probablemente polo artesán Val de San Martiño (A Pastoriza, Lugo). O torneado corresponde ao típico da Terra Chá, moi barroco e con enormes aneis.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.