Descripción
O Museo de Pontevedra custodia a gaita de ronquillo coa que tocou Perfecto Feijoo. Foi fabricada arredor de 1885 por Manuel Villanueva de Poio (Pontevedra) empregando madeira tropical (seguramente algún tipo de Dalbergia spp.) e marfil, compoñendo un instrumento dunha grande fermosura, cun torneado típico do noroeste e cun elegante soprete ornamentado con grandes aneis de marfil. É unha gaita de ronquillo propia da zona de Pontevedra, cun pequeno fol deseñado para ser apertado co antebrazo contra o peito do tocador e co bordón en posición case vertical. O punteiro é áxil e ten un son fenomenal, ten unha escala en modo de Sol, coa subtónica a uns 135 cents da tónica, que está en altura de Si natural. Toda a súa escala está perfectamente afinada para corresponder exactamente cos harmónicos do ronquillo, emitindo conxuntamente un fermosísimo e equilibrado son. O punteiro emprega palletas grandes e cadradas, feitas coa parte exterior e dura da cana e con xugo de metal, que son as propias da zona occidental galega, por este motivo é un instrumento que precisa dunha certa aprendizaxe a nivel de tempero. Está deseñado para tocar empregando a dixitación propia de Pontevedra, pechada e apoiando sempre o meniño como Casto Sampedro e Perfecto Feijoo nos transmitiron, pero a súa flexibilidade permite fabricalo para outras dixitacións pechadas e incluso para tocar en aberto.
Pódese fabricar en madeira tropical, como a orixinal de Perfecto Feijoo, ou ben en buxo e imitación de marfil, como a que o propio Villanueva tocaba.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.