Descripción
As nácaras son tambores de orixe árabe que foron moi populares na Europa medieval. Aparecen profusamente representados acompañando todo tipo de instrumentos musicais, como gaitas, frautas traveseiras, fídulas, trompetas, etc. Un dos códices onde achamos este instrumento mellor documentado é no Manuscrito 264 da Bodleian Library (s. XIV-XV) do que vos amosamos algunhas iluminacións. Vemos que as nácaras, como as aínda conservadas nalgúns países árabes e na India, están compostas de dous tambores nas que as peles se apertan cun sistema de cordas. Os corpos dos tambores, que normalmente aparecen pintados de cor vermella, supóñense feitos de madeira ou de cerámica. Cada un deles porta un bordón simple e mentres un é un tambor pechado, o outro está aberto pola base, deste xeito producen sons diferentes. As baquetas representadas nas iconografías poden ser rectas ou curvas e adoitan ser máis grosas nas puntas. Nós inclinámonos polo modelo curvo despois de probar que funcionaban mellor que as rectas para a obtención de determinados sons.
Nesta reprodución axudounos o noso amigo Agustín Vázquez, oleiro de Niñodaguia (Ourense) un dos grandes conservadores da nosa tradición oleira.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.