Descripción
É a primeira pandeira que documentamos e reproducimos, aló polo ano 2007. Achámola en Cervantes, un instrumento de 40 cm de diámetro, é dicir, bastante pequeno en comparación con outras pandeiras galegas, e cun anel de reforzo. Leva cinco pares de ferreñas dobres, pouco rizadas, que se poden fabricar en follalata ou latón. Malia que as ferreñas estaban distribuídas uniformemente arredor do marco na pandeira orixinal, tamén se poden colocar deixando un espazo para máis comodidade na execución do toque de volta.
Por veces fabricámola cun círculo bermello pintado na pel, o que foi tradicional naquela zona.
Podedes escoitar este e outros modelos de pandeiras galegas que temos replicado no seguinte vídeo:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.