Descripción
Joaquim Pereira, o Ti Carriço, é un dos míticos gaiteiros da zona de Coimbra, un referente vivo que tocou unha parte importante da súa vida neste punteiro fabricado polo artesán coimbrá José Mendes Seco. É un punteiro coa tónica practicamente en Sib e cunha escala afinada en modo portugués, é dicir, co terceiro grao rebaixado, a sensible baixa e o resto de graos practicamente temperados. O seu timbre é moi característico cunha nasalidade e dozura destacables. Emprega palletas propias da zona de Coimbra, é dicir, fabricadas coa parte interior e branda da cana e sen xugo. Pódese fabricar tamén para obter unha escala temperada e cromática en Sib.
Neste vídeo podedes escoitar este punteiro, tocado polo António Freire, acompañado por unha réplica dunha caixa coimbrá tamén feita por nós, tocada por Paulo Jesus. O tocador do bombo é Roger Lee.
O Ti Carriço
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.