Descripción
O grande artesán de Ordes José López Bao desenvolveu un punteiro en Sib moi orixinal. Este punteiro, polo que foi alcumado “O Rei do Sib”, está bastante afastado do punteiro en Sib que Basilio Carril fabricaba, que foi o modelo que o resto de artesáns modernos imitaron cando Basilio finou en 1974. O punteiro de Bao ten un exquisito son, limpo e algo nasal, é lixeiro e fácil de manexar. Emprega palletas en Sib modernas e emite unha escala temperada e perfectamente cromática. Indícase o prezo dun punteiro sen tallar.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.