Descripción
Trátase dun fantástico punteiro que pertenceu probablemente ao Sr. Rodrigo de Miranda ado Douro. É un punteiro bastante grande, mide 367 mm e a súa tónica está moi preto do Sib, por canto foi en base a el que desenvolvemos o noso punteiro mirandés temperado e cromático en Sib.
Funciona á perfección con palletas construídas do xeito antigo trasmontano, é dicir, empregando só a parte branda da cana. A escala deste punteiro é un modo portugués, a subtónica está a 130 cents da tónica, o segundo grao está rebaixado e ten o terceiro grao neutro; o resto de notas da escala coinciden case perfectamente co temperamento igual, tendo a posibilidade de emitir un sétimo grao rebaixado (ou sexa de tocar en modo de Re) interpoñendo o dedo maior. É un punteiro cunha sonoridade magnífica, ampla e potente, fácil de tocar, que emite as notas con bastante rapidez e brillo e cun timbre propiamente mirandés.
Aquí tedes uns vídeos explicando algúns aspectos do cambio da escala mirandesa a unha temperada e cromática e tocando unha carballesa e unha muiñeira do repertorio tradicional mirandés coa réplica do punteiro antigo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.