Descripción
Os nosos amigos e grandes intérpretes Candid Trujillo e Pep Toni tiveron a amabilidade de traernos dende as Illas Baleares unha xeremie antiga que se conserva en Sineu, ademais de moitos datos sobre as palletas antigas que se empregaban nas illas, cadradas e co tudel feito da propia cana. Fixemos unha réplica desta estupenda xeremie e tamén das súas palletas. Así mesmo, conservando o mesmo cono interno do grall desta antiga xeremie, desenvolvemos un modelo de grall en Do# temperado e cromático.
Tamén reproducimos un tambor mallorquín para acompañala.
Neste vídeo podedes escoitar o instrumento co tambor e o flabiol tocador polo noso amigo Luis Mondelo.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.