Unha gaita de ronquillo do século XVII.

Dentro do proxecto de datacións que viñemos desenvolvendo dende hai anos, unha das gaitas que o noso modelo daba con moita antigüidade era a que pertencera a José María García, gaiteiro de Mogor (Pontevedra). nha gaita que foi achada por José Gil e que agora garda José García, o descendente do gaiteiro e que moi amablemente nola presta para tocares con ela.

O seu puntero foi un dos que, datada a súa madeira polo Carbono 14, permitiunos validar o noso modelo de datación polos desgastes.

Esta gaita xa fora restaurada hai un par de anos por nós e agora grabamos un vídeo para que poidades escoitala e vela mellor. Preme aquí se queres escoitar esta marabilla.