Achamos gaitas en Galicia e Portugal en uso dende a Idade Media
/0 Comments/in Instrumentos musicais/by pabloCURSO DE FIN DE SEMANA PARA APRENDER A FACER PANDEIRETAS O que ti xa fas, pódese facer en 57 minutos.
/0 Comments/in Instrumentos musicais/by pabloSexto curso de fabricación de gaitas de fol (21-29 setembro 2022)-Matrícula aberta.
/0 Comments/in Instrumentos musicais/by pabloQuinto curso de fabricación de gaitas de fol (11-19 maio 2022)- Matrícula pechada.
/0 Comments/in Instrumentos musicais/by pabloA ponteira do Ti Carriço
/in Instrumentos musicais/by pabloJoaquim Pereira, “O Ti Carriço” empregou unha parte significativa da súa longa vida como gaiteiro un punteiro fabricado polo artesán coimbrá José Mendes Seco. Así sona este punteiro en mans do noso amigo António Freire, que interpreta unha marcha acompañado por Paulo Jesus, que toca unha réplica da caixa dos Melos da Barreira, tamén feita por nós. O bombo corre a cargo de Roger Lee.
Trátase dun punteiro que está moi próximo ao Sib, unha tónica moi grave tratándose da zona de Coimbra, onde os punteiros antigos adoitan ter tónicas moi agudas. Ten un timbre moi nasal, doce e característico. A súa escala orixinal é un modo portugués, é dicir, unha escala modal non definida na teoría medieval que ten o terceiro grao moi rebaixado, unha subtónica algo alta, e o resto de graos moi próximos á escala temperada. Podemos obter con el un modo de Re rebaixando o sétimo grao empregando unha dixitación de forquita. Con moi lixeiras modificacións na colocación dos furados foinos posible conseguir a partir deste punteiro unha escala temperada e cromática en Sib.
Colaboradores
/0 Comments/in Instrumentos musicais/by pabloNestes trinta anos de rexistros e documentación de gaitas de fol e outros instrumentos musicais antigos moitos amigos nos teñen acompañado e facilitado o labor de buscar, achar e documentar gaitas de fol en cada territorio. Henrique Oliveira, Francisco Pimenta, Tiago Morais, Gustavo Portela, João Raimundo e António Freire son de inestimable axuda para aquelas gaitas do centro e sul de Portugal, igual que Napoleão Ribeiro no norte. Ramiro Fernández, Paulo Preto e Paulo Meirinhos en Trás-os-Montes; José Santiago en Aliste e os nosos queridos Alberto Jambrina e Pablo Madrid en Zamora. Diego Bello tamén nos informa de achados no Bierzo. O profesor de música, músico e artesán Luis Mondelo merece unha mención singular pois xuntos temos feito longas campañas de documentación de frautas e gaitas de fol por todo o noroeste, vivindo momentos inesquecibles e forxando unha amizade que excede os propios límites desta palabra.
O renacemento dun instrumento musical: a gaita de cana actualizada
/0 Comments/in Instrumentos musicais/by pabloA historia de como se xestou no noso obradoiro o desenvolvemento dun novo tipo de instrumento musical: a nova gaita de cana fabricada en madeira e con lingüetas sintéticas, a adaptación aos novos tempos dun antiquísimo instrumento que nos conta, ademáis, unha fermosa historia.
Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Obradoiro Nº 812