A principios de 2019, e grazas ao nosos amigos Luis Miguel Morillas, Lurdes García-Lisbona e Pedro Mir, tivemos a oportunidade de analizar algunhas das máis antigas e mellor conservadas gaitas de boto aragonesas. Na reprodución das palletas orixinais foron de esencial axuda os datos e fotografías proporcionadas polo amigo Mario Gros.
Trátase de gaitas de fol sen dúbida de bastante antigüidade, moi usadas, e que teñen a característica de posuír un bordón a carón do punteiro, unha morfoloxía que aparece tamén no sur de Francia e que pensamos que ben puido ser importada de Aragón, pois as gaitas de boto semellan ben máis antigas, polos seus desgastes dixitais e pátinas, que os exemplares franceses.