Descripción
Esta é unha réplica exacta do aulos exipcio que se garda no Museo do Louvre, un dos mellores conservados do mundo e datado a principios da nosa era.
Os auloi eran instrumentos musicais consistentes en dous tubos fornecidos con sendas palletas, ou sexa, eran gaitas sopradas directamente coa boca co sistema da respiración circular. É un instrumento musical que sabemos foi tocado polos castrexos, pois así o deixou escrito Estrabón, e áchase perfectamente documentado tanto na tradición viva, como na iconografía galega anterior ao século XIII, momento no que estes fermosos instrumentos musicais comezaron a desaparecer, seguramente desprazados polas gaitas de fol.
Os auloi son os devanceiros de tódalas nosas gaitas de fol.
Aquí podes escoitar a Max Brumberg amosando como se tocan estes instrumentos musicais.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.