Descripción
Reproducimos unha antiga gaita alistana que achamos en La Torre de Aliste grazas ao noso amigo Jesús Ángel Santiago, quen nos ten axudado a documentar as gaitas antigas de toda a comarca alistana. Temos varios punteiros documentados e replicamos dous deles: un fabricado por Modesto Mata, case en Si natural, e outro, moi antigo, que achamos en San Juan del Rebollar grazas a Luis Pedraza, cunha tónica moi próxima ao Do. Levan palletas de cana moi pequenas, feitas coa parte branda da cana, tamén réplicas das que documentamos nesta zona, na que, por certo, aparecen moitas palletas fabricadas de corno, de madeira de urz ou mesmo buxo, lembranza quizáis dun tempo no que a cana non existía.
As gaitas alistanas teñen moito máis que ver coas gaitas mirandesas e brigantinas que coas sanabresas, pois os seus punteiros áchanse afinados no que denominamos modo portugués, é dicir, teñen o terceiro grao neutro e unha subtónica algo elevada, polo resto, a súa escala aproxímase bastante ao temperamento igual, se ben nalgúns gaiteiros, por veces, podemos escoitar sextos graos moi rebaixados. A explicacion a este fenómeno, así como o son desta gaita podédelos escoitar neste vídeo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.