Descripción
Unha das míticas gaitas de boto aragonesas, conservada no Concello de Aínsa (Huesca) e que semella foi empregada polo gaiteiro Juan Cazcarra Sesé. O traballo de reconstrución da súa sonoridade foi considerable, pois o clarín (punteiro) ten a característica de emitir uns graos agudos considerablemente elevados. Empregando réplicas das pitas (palletas) que fabricaba Juan Cazcarra, a oitava aguda quedaría situada na dixitación coa que normalmente se emite o sétimo grao, é dicir, con todos os furados frontais abertos; interpoñendo o dedo maior obteriamos o séptimo grao, mentres que a posición con tódolos furados do clarín abertos pasaría a emitir un segundo grao agudo. Esta é, dende logo, unha rara escala e dixitación.
Empregando palletas como as que fabricaba Simeón Serrate, triangulares e de longo ferrete, puidemos finalmente conseguir que este punteiro emita todos os graos perfectamente equilibrados cunha dixitación normal. O timbre é claro e brillante, quedando a tónica en Do + 20 cents.
Podemos entón ofrecervos xa unha réplica desta fantástica gaita de boto do século XVII que podedes escoitar no vídeo desta sección de gaitas de boto.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.