Descripción
O punteiro desta gaita de ronquillo é unha réplica dun antiquísimo punteiro conservado no Museo de Pontevedra entre as ferramentas de Manuel Villanueva, gaiteiro e constructor de Poio. Trátase dun punteiro probablemente fabricado a mediados do século XVIII e dos poucos que conservan unha ornamentación en aneis sobre a que podedes ler máis neste artigo. Ten a escala propia das gaitas de ronquillo da zona de Pontevedra: modo de Sol con subtónica, e a tónica en altura próxima ao Si natural. Está deseñado para tocar empregando a dixitación propia de Pontevedra, pechada e apoiando sempre o meniño como Casto Sampedro e Perfecto Feijoo nos transmitiron. O roncón é copia do da gaita de José María García de Mogor (Pontevedra), con anelas de corno por riba das femias, outra fermosa gaita de ronquillo que podedes ver premendo aquí.
Estas dúas danzas de espadas, a de Pontevedra e a de Redondela, moi ben puideron ser tocadas no pasado con esta gaita.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.