Descripción
Réplica da gaita de ronquillo do pertenceu ao gaiteiro alcumado “O Patarico” de Muxía (A Coruña), propiedade de Ricardo Caxide. Trátase dunha gaita probablemente moi antiga e foi bastante usada. O punteiro está fabricado seguramente nalgún tipo de pau santo, malia que xa ten un aspecto de ébano pois os anos volvérono completamente negro. Esta anelado en marfil e este ten una pátina moi aparente. A copa do ronquillo é tamén de marfil, sendo o único caso deste tipo que por agora achamos. Ambos materiais, pau santo e marfil, fálannos de tempos moi recuados.
O torneado do roncón ten liñas dunha elegancia que poucas veces se ve, e está realizado cunha fineza sorprendente, quen o fixo era, dende logo, un grandísimo artesán.
A maior curiosidade desta gaita é que o punteiro tócase coa dixitación das gaitas de barquín, é dicir, para emitir o 7º e o 8º graos hai que interpoñer o dedo medio da man superior, Senón ambos saen moi altos. Por outra parte, levantar este dedo e tocar con todos os furados abertos produce un 2º grao sobreagudo. Esta curiosa dixitación condúcenos a pensar, apoiando a tese de Ricardo, de que quizais se trate dunha gaita vida do sur de Galiza.
O son do punteiro, como podedes escoitar neste vídeo, é estupendo, empastando perfectamente coa redondez do do roncón e co ronquillo que ten un punto de suavidade fantástico. En definitiva, trátase dunha gran gaita que vos podemos fabricar se a queredes experimentar e axudar a recuperar estes sons tan nosos e característicos.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.