Descripción
Faustino Santalices desenvolveu varias tonalidades de punteiros temperados e cromáticos en base aos modelos que García de Riobó lle ensinou a facer. Este punteiro en Sib áchase na colección dos nosos amigos Félix e Cástor Castrovicente, é un instrumento ben afinado, lixeiro na emisión das notas e de potente e brillante son; traballa con palletas grandes e cadradas, as típicas do occidente galego, e polo tanto ten certa dificultade para o seu manexo, pois, se ben estas palletas permiten mover con facilidade a afinación para levala ao sitio xusto, por esta mesma razón tamén requiren un proceso de aprendizaxe para o seu manexo, é dicir, hai que ser fino co tempero.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.