Descripción
Desenvolvido en base ao punteiro nº 64 da colección do Museu da Terra de Miranda que podedes ver aquí. Emprega palletas mirandesas antigas, un punteiro de son amplo e potente que emite unha escala temperada e cromática coa tónica en Sib. Ten a posibilidade de dar tres terceiros graos diferentes: un exactamente temperado, emitido coa postura do cuarto grao pero interpoñendo o dedo maior; outro axustado ao bordón (15 cents grave respecto ao exactamente temperado) emitido coa postura normal do terceiro grao aberto; e outro terceiro grao rebaixado, que se consegue con esta mesma postura pero interpoñendo o dedo anular.
Debido ao uso de palletas construídas ao xeito antigo trasmontano, é dicir, só coa parte branda da cana, este punteiro conserva o timbre propiamente mirandés. Aquí tedes uns vídeos explicando algúns aspectos do cambio da escala mirandesa a unha escala temperada e cromática.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.