https://pablocarpintero.es/wp-content/uploads/2021/12/1-Foto-anuncio-scaled.jpg17142560pablohttp://pablocarpintero.es/wp-content/uploads/2021/10/logo-largo-negro-300x96.pngpablo2021-12-25 09:07:322022-01-01 07:52:15Quinto curso de fabricación de gaitas de fol (11-19 maio 2022)- Matrícula pechada.
Joaquim Pereira, “O Ti Carriço” empregou unha parte significativa da súa longa vida como gaiteiro un punteiro fabricado polo artesán coimbrá José Mendes Seco. Así sona este punteiro en mans do noso amigo António Freire, que interpreta unha marcha acompañado por Paulo Jesus, que toca unha réplica da caixa dos Melos da Barreira, tamén feita por nós. O bombo corre a cargo de Roger Lee.
Trátase dun punteiro que está moi próximo ao Sib, unha tónica moi grave tratándose da zona de Coimbra, onde os punteiros antigos adoitan ter tónicas moi agudas. Ten un timbre moi nasal, doce e característico. A súa escala orixinal é un modo portugués, é dicir, unha escala modal non definida na teoría medieval que ten o terceiro grao moi rebaixado, unha subtónica algo alta, e o resto de graos moi próximos á escala temperada. Podemos obter con el un modo de Re rebaixando o sétimo grao empregando unha dixitación de forquita. Con moi lixeiras modificacións na colocación dos furados foinos posible conseguir a partir deste punteiro unha escala temperada e cromática en Sib.
http://pablocarpintero.es/wp-content/uploads/2021/10/logo-largo-negro-300x96.png00pablohttp://pablocarpintero.es/wp-content/uploads/2021/10/logo-largo-negro-300x96.pngpablo2021-12-21 07:03:522024-09-19 09:41:32A ponteira do Ti Carriço