Descripción
Manuel Villanueva, mítico gaiteiro e construtor de gaitas de Poio (Pontevedra) cedeu a Perfecto Feijoo as súas dúas gaitas de ronquillo e as ferramentas para construílas. Este conxunto foi cedido por D. Perfecto ao Museo de Pontevedra onde actualmente se custodia. Entre as ferramentas de Villanueva achamos un fermosísimo punteiro con cunha ornamentación no fuste consistente en aneis de corno sobre a que escribimos neste artigo. Segundo as datacións do 14C realizadas, a madeira deste punteiro morreu a mediados do século XVI, polo que a súa data de fabricación, tendo en conta as distancias entre estas datacións e as datas de fabricación que achamos noutros punteiros datados polo método dos desgastes, debeu estar moi preto desta data. Presenta unha escala en modo de Sol, con subtónica case completa e a tónica en altura de Si natural. Está deseñado para tocar empregando a dixitación propia de Pontevedra, pechada e apoiando sempre o meniño como Casto Sampedro e Perfecto Feijoo nos transmitiron, pero a súa flexibilidade permite fabricalo para outras dixitacións pechadas e incluso para tocar en aberto. Fixemos a súa réplica e montámola nunha gaita que é copia da gaita de ronquillo do gaiteiro José María García de Mogor (Pontevedra). O punteiro emprega palletas grandes e cadradas, feitas coa parte exterior e dura da cana e con xugo de metal, que son as propias da zona occidental galega, por este motivo é un instrumento que precisa dunha certa aprendizaxe a nivel de tempero.
Se puede montar en una gaita de ronquillo completa como la que puedes escuchar aquí.
Compra por encargo
Debido a las características de las gaitas de fuelle antiguas, estas no tienen un precio fijo asignado, que dependerá del tipo de madera y de otras características estéticas que puedes escoger como anillados en diferentes materiales, flecos o ribeteados de los vestidos. Todas las réplicas de gaitas de fuelle tienen una demora que depende de nuestra lista de espera. Consulta con nosotros para saber más.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.