Descripción
En Robres (Huesca) analizamos as gaitas de boto que pertenceron a Francisco Becana, uns interesantísimos instrumentos dos que reproducimos un dos claríns. Despois de moito traballo de investigación puidemos achar as palletas que equilibraron a súa escala. Finalmente este clarín quedou en Sib cun fermoso timbre redondo e nasal. Xa dispoñemos entón da posibilidade de ofrecervos unha réplica desta gaita de boto completa e incluso tallada cos deseños orixinais que podedes ver nas fotografías.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.