Descripción
O orixinal deste punteiro gárdase no Museu da Terra de Miranda nunha gaita de fol de orixe descoñecida co número de inventario 59. É un antigo instrumento, dunha fantástica factura, que posue a rara característica de ter a mesa desmontable e feita en ébano. Ten a tónica moi preto de Do polo que, á parte de facer unha réplica do instrumento orixinal, aproveitamos para desenvolver un punteiro mirandés temperado e cromático nesta tonalidade. Funciona estupendamente con palletas feitas ao estilo antigo trasmontano, é dicir, empregando soamente a parte branda da cana; ten unha escala propiamente Mirandesa, ou sexa, un modo portugués con subtónica a 150 cents da tónica, o segundo grao algo rebaixado e o terceiro neutro, correspondendo o resto de graos da escala co temperamento igual e permitindo emitir un sétimo grao rebaixado interpoñendo o dedo medio.
Neste vídeo podedes escoitar a réplica do punteiro orixinal.
Aquí explicamos un pouco o proceso polo que obtivemos a partires del un punteiro en Do temperado e cromático con tres terceiras: mirandesa, menor e xusta.
E por fin, aquí tedes a Muiñeira de Chantada tocada con este punteiro.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.