Dentro do programa TECEREDES da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no que este ano participamos, imos facer ata decembro un ciclo de concertos por toda Galicia que leva por título: “Falando a Música”.
Afondaremos nunha temática curiosa: a orixe da linguaxe humana.
Queres saber que historias contan sobre isto algúns dos nomes dos nosos instrumentos musicais? Pois ven descubrir connosco cal foi a posible orixe da linguaxe humana, que tiveron que ver a música e os instrumentos musicais nela e como este proceso quedou reflectido nos nomes de moitos dos nosos instrumentos musicais.
Iremos comunicando as datas e lugares que, por agora son:
Xoves 4 de agosto, Museo do Mar de Vigo ás oito da tarde.
Xoves 11 de agosto en Sober, pola tardiña.
Sábado 20 de agosto en Tui, no festival IKFEM.
Luns 26 de setembro na Praza da Biblioteca en lalín, ás seis da tarde.
Agardámosvos!!!