O próximo venres día 16 de febreiro, ás sete menos cuarto da tarde, no Edifico Castelao do Museo de Pontevedra, a Rosa e eu daremos a charla-concerto:
“AS GAITAS DE FOL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA”
Explicaremos os diferentes tipos de gaitas de fol que se documentan na provincia de Pontevedra, interpretando melodías con cada unha delas. Entre estas gaitas áchanse as máis antigas que se documentan no mundo, algunhas levan tocando de xeito ininterrompido dende finais da Idade Media, pasando de man en man de gaiteiro dende entón. Varias familias pontevedresas e o propio Museo de Pontevedra custodian algúns destes exemplares. Falaremos delas, de como conseguimos datalas con seguridade, da súa particular morfoloxía, de como se tocaban e de como se construían, amosaremos as ferramentas conservadas no Museo e poderedes ver e escoitar en directo alguns destes antiquísimos instrumentos. Tamén contaremos como algunhas destas gaitas pontevedresas pertencen á cultura infantil e que podería iso ter que ver coa orixe das gaitas de fol dos adultos.