Esta gaita de catro voces ten a estrutura e o torneado daquelas que se fabricaban no obradoiro de Anafreita, no concello de Friol (Lugo), un lugar ata onde chegou esta tipoloxía propia da zona de Arzúa e Terra de Melide, caracterizada por ese galleto do que saen a ronquilla e o grilleiro, segundo se denominan estes bordóns naquela zona. A petición do seu dono, o noso amigo Carlos Abrunheiro, substituímos o punteiro orixinal por outro moi semellante, un punteiro en Do cromático y que toca en digitación abierta y cerrada, baseado no punteiro que herdei de meu avó José Luis.